Wednesday 26 de June de 2024

Unhas 140 crianzas e persoas adultas participan nas exhibicións do acto de clausura das Escolas Deportivas Municipais de Frades


Un total de 140 nenos, nenas e persoas adultas participaron nas exhibicións da festa de clausura das Escolas Deportivas Municipais de Frades 2023/2024, un acto que tivo lugar este sábado no polideportivo municipal de Ponte Carreira. Unhas demostracións que remataron coa tradicional entrega de diplomas por parte do alcalde, Roberto Rey, e do concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos.

Durante algo máis de dúas horas, pola pista polideportiva de Ponte Carreira actuaron os alumnos e alumnas de zumba/aerobic (infantil e adultos), ximnasia rítmica, fútbol sala, pilates e ximnasia de mantemento (adultos) e patinaxe, mentres que os traballos da escola municipal de debuxo e pintura se encargaron de engalanar a entrada ao pavillón.

Deja un comentario